O presidente de RTVE será nomeado por consenso e o PP vese obrigado a aceptar. A reforma do ente inicia o seu trámite parlamentario
Fálase
Dimite por falsear o seu curriculum a moza que abriu o acto de presentación de Susana Díaz. Integrante das Xuventudes Socialistas, destacara no seu discurso que esta organización xuvenil non era "un trampolín"
O conseguidor de Púnica expandía a súa rede a outras institucións do PP (en Murica e Castela-A Mancha) e empresas do Ibex (Sacyr, Isolux) cando foi detido, destaca eldiario.es na súa portada
O Parlamento escocés autoriza a primeira ministra, Nicola Sturgeon, a iniciar os trámites para a convocatoria dun segundo referendo de autodeterminación. Está a contalo The Guardian
Víctor Freixanes, elixido presidente da RAG con 18 votos dos 19 membros da Academia presentes na votación, á que non acudiron 9 integrantes da institución, dos que 3 escusaron a súa ausencia. O novo presidente vén de apelar ao "continuísmo" e á "unidade" na súa primeira intervención. Toda a información, este serán en Praza.
O PPdeG abandona a doutrina da lista máis votada para desaloxar o alcalde socialista de Sobrado. Os conservadores, con 3 edís veñen de facerse co bastón de mando grazas a unha moción de censura contra o PSdeG (4 edís) pactada co grupo independente TXS (2 edís). Recólleo El País. Os conservadores xa obviaran este criterio o pasado ano en Santa Comba.
O Tribunal de Contas dá a razón á xestora do PSOE sobre o financiamento das primarias fronte á candidatura de Pedro Sánchez, que defendía o manter o financiamento a través do crowdfunding. Cóntao eldiario.es
Marine Le Pen domina amplamente no voto obreiro en Francia, segundo unha sondaxe que vén de publicar Ifop. A candidata da Fronte Nacional obtén o 43% dos apoios, moi por diante de Macron (17%) e Mélenchon (15,5%)
Un tuiteiro vigués, xulgado na Audiencia Nacional por pedir a liberdade para un preso dos GRAPO "por motivos humanitarios". Foi igualmente preguntado pola Fiscalía por escribir que "os dereitos dos traballadores non se obteñen no Parlamento, conquístanse loitando na rúa"
WhatsApp podería poñer en marcha a opción de borrar mensaxes ata dous minutos despois de envialos