Jordi Montull, man dereita do ex-presidente do Palau da Música Fèlix Millet, ofrécese a confesar o cobro de comisións a CDC a cambio dunha considerable rebaixa da pena para a súa filla.
Fálase
O temporal remite este mércores, despois de deixar este martes refachos de vento de 116 quilómetros de hora e ondas de ata 16 metros.
Un 21% da poboación reclusa en Galicia ten hepatite C, a segunda maior prevalencia en toda España. Institucións Penitenciarias afirma, trala consulta da Defensora del Pueblo que non existe "demora" no tratamento e que se atende a todos os pacientes
CTXT destaca a folga de fame iniciada hai tres semanas por un grupo de mulleres na Porta do Sol de Madrid. Denuncian a situación das vítimas da violencia machista e esíxenlles aos políticos medidas efectivas
A Coruña convocará unha consulta popular sobre os terreos portuarios. O Concello encarga un informe á asesoría xudídica para levar a cabo un referendo sobre o futuro do bordo litoral da cidade.
O galego Borja Golán vence o campión do mundo en Chicago. O 15 veces campión de España de squash recupera o seu mellor nivel nos EUA.
O Deportivo fai oficial a contratación de Pepe Mel como novo adestrador. Será presentado este mediodía en Riazor.
Os principais clubs galegos de fútbol únense á campaña para financiar o proxecto oncolóxico Biopsia Líquida. Esta investigación, que precisa medio millón de euros, non é financiada dende a Administración e segue a procurar cartos entre a cidadanía e entidades sociais e empresariais. Promóvea o grupo de investigación Oncomet.
Chega aos teatros A cabeza do dragón, a primeira obra de Valle Inclán representada en galego. A estrea será esta fin de semana no Principal de Santiago e Excéntricas xa ten previstas unha vintena de representacións en múltiples localidades.