O PP lanzará unha campaña en prensa, radio e Internet para "explicar" os recortes. En PR Noticias
O PP lanzará unha campaña en prensa, radio e Internet para "explicar" os recortes. En PR Noticias
O Goberno autoriza unha manifestación ultradereitista en Madrid o día que no estadio Vicente Calderón Barcelona e Athletic de Bilbao xogarán a final de Copa. A Marcha pola unidade de España protesta contra o "separatismo".
Denuncian que o Instituto Catalán de Oncoloxía ofrece servizos de reiki
O Goberno autonómico de Madrid ordena pechar Tele K baixo multa de 30 mil euros diarios.
Rafa Vilar, concelleiro do BNG en Santiago, salienta que a nova concelleira de Normalización Lingüística da cidade compareceu por primeira vez ante os medios falando en castelán.
Xornada de mobilizacións tamén nos centros de saúde en defensa da sanidade pública. Imaxe de CCOO-Galicia.
Repsol reclamará 8.140 millóns ao Goberno arxentino pola expropiación de YPF. A compañía cre que a operación do Goberno austral foi "manifestamente ilegal e discriminatoria"
O BCE pide a España unha "estratexia completa" para reestruturar a banca e solicita unha valoración independente dos activos tóxicos e a posible creación dun banco malo para segregalos.
#folgaestudantil Milleiros de estudantes e membros da comunidade universitaria manifestáronse convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Á convocatoria de Santiago no Toural uníronse tamén os escasos participantes na convocatoria da Plataforma en Defensa do Ensino Público da Alameda. Imaxe de @gritorojo
#consellodaxunta Feijóo di que a proposta de crear unha banca pública, formulada polo BNG e, con matices, tamén polo PSdeG, non é "nin occidental nin actual"