O Goberno autonómico de Madrid ordena pechar Tele K baixo multa de 30 mil euros diarios.
Fálase
Rafa Vilar, concelleiro do BNG en Santiago, salienta que a nova concelleira de Normalización Lingüística da cidade compareceu por primeira vez ante os medios falando en castelán.
Xornada de mobilizacións tamén nos centros de saúde en defensa da sanidade pública. Imaxe de CCOO-Galicia.
Repsol reclamará 8.140 millóns ao Goberno arxentino pola expropiación de YPF. A compañía cre que a operación do Goberno austral foi "manifestamente ilegal e discriminatoria"
O BCE pide a España unha "estratexia completa" para reestruturar a banca e solicita unha valoración independente dos activos tóxicos e a posible creación dun banco malo para segregalos.
#folgaestudantil Milleiros de estudantes e membros da comunidade universitaria manifestáronse convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Á convocatoria de Santiago no Toural uníronse tamén os escasos participantes na convocatoria da Plataforma en Defensa do Ensino Público da Alameda. Imaxe de @gritorojo
#consellodaxunta Feijóo di que a proposta de crear unha banca pública, formulada polo BNG e, con matices, tamén polo PSdeG, non é "nin occidental nin actual"
#consellodaxunta Feijóo rexeita que vaia adiantar as eleccións para facelas coincidir cun posible adianto en Euskadi. "O Goberno ten moito traballo e os gobernos necesitan un goberno", afirma.
#folgaestudantil Na Coruña, a manifestación contra os recortes no ensino público xa percorre o centro da cidade. Imaxe de @traballadoalcoa
#folgaestudantil Milleiros de persoas maniféstanse nas principais cidades e vilas galegas contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino público. A zona vella de Santiago está ateigada de estudantes. Imaxe de @RaquelCespon