Joaquim Torra dá por esgotada a lexislatura catalá e di que anunciará data de eleccións unha vez aprobados os Orzamentos da Generalitat
Fálase
A Xunta non autoriza a reapertura da controvertida Mina de Touro-O Pino polo seu impacto ambiental, segundo vén de confirmar a Consellería de Medio Ambiente. Este proxecto suscitou unha forte mobilización veciñal en varias comarcas afectadas durante os últimos anos. Ampliamos toda a información, neste espazo de Praza.gal
Vilas e cidades galegas acolleron no serán do luns mobilizacións do movemento feminista en repulsa polo asasinato dunha veciña da Pastoriza, o pasado sábado, a mans do seu marido. A Marcha Mundial das Mulleres recompila imaxes das concentracións nunha galería do seu sitio web.
EPA | Galicia finalizou 2019 con 145.800 persoas no paro, segundo a Enquisa de Poboación Activa que vén de publicarse. Son 2.300 máis que no trimestre anterior, pero 3.200 menos que hai un ano. No mesmo trimestre as persoas a traballar en Galicia descenderon en 9.700, ata os 1,096 millóns, o que non obstante implica 7.900 persoas máis ocupadas que un ano antes. Ampliamos a información neste espazo
VÍDEO | Os 20 do XX. Capítulo 2 - As Irmandades da Fala. No seu segundo episodio, a serie de VINTE que nos leva pola sociedade galega dos anos vinte de hai un século afonda no nacemento das Irmandades da Fala e o seu desenvolvemento, debates e tirapuxas entre o culturalismo e a acción política co protagonismo de persoeiros como Lois Peña Novo, os irmáns Vilar Ponte, Vicente Risco ou Castelao. Podes velo aquí
A Mesa do Parlamento de Catalunya asume a perda da acta de deputado de Joaquim Torra tras os pronunciamentos da Xunta Electoral e do Tribunal Supremo. JxCat tamén constata a decisión, á que se opón e que non implica que Torra deixe de ser presidente da Generalitat.
Agarimo para Benedicta Sánchez no seu regreso a Galicia tras lograr o Goya á mellor actriz revelación pol'O que arde. Foi recibida entre aplausos ao chegar ao aeroporto compostelán de Lavacolla xunto ao equipo do filme de Óliver Laxe.
A Delegación do Goberno central para a Violencia de Género ratifica como un caso de violencia machista o asasinato dunha muller de 79 anos o pasado sábado na Pastoriza por parte do seu marido. Este serán o movemento feminista convoca mobilizacións de repulsa en vilas e cidades galegas. A Marcha Mundial das Mulleres está a actualizar a listaxe de convocatorias no seu Facebook.
O centro-esquerda imponse nas eleccións da rexión italiana de Emilia-Romagna cun 51% dos votos e derrota á extrema dereita de Matteo Salvini, que consideraba estes comicios clave para tombar o Goberno italiano do Partido Democrático e o Movemento 5 Estrelas. Como pano de fondo, o movemento das sardiñas, as multitudinarias manifestacións contra a extrema dereita, que así e todo ascende notablemente. Na imaxe, o reelixido presidente da Emilia-Romagna, Stefano Bonaccini, comparecendo para celebrar o resultado.
O Deportivo da Coruña mantén a boa xeira de resultados dende a chegada de Fernando Vázquez como adestrador do primeiro equipo masculino e imponse ao Albacete por 0-1. O outro equipo galego na segunda, o CD Lugo, caeu 2-1 ante o Huesca o sábado. Na Primeira, o Celta non puido pasar do empate sen goles ante o Eibar.