O goberno local lucense recomenda ao PP que pida ao Goberno central a "xura de bandeira" que reclama ao Concello. Os populares formularon esta petición para atender a "crecente demanda" cidadá ao respecto, dixeron.
Fálase
O informe preliminar da autopsia demostra que Diana Quer morreu esganada. O documento foi xa entregado ás representacións legais da familia da moza asasinada e mais do asasino confeso, que xa foi trasladado ao cárcere da Lama dende Teixeiro. Recólleo Faro de Vigo
O Consello da Cultura Galega esixe "o máximo grao de protección" para o Centro Gallego de Bos Aires, abocado á venda, e para o Museo Carlos Maside. Nun informe, a entidade considera que o patrimonio cultural que custodia o centro "constitúe un legado imprescindible que merece o máis alto grao de protección xurídica para garantir a súa integridade e a súa conservación no futuro".
Pa, barriñas enerxéticas, traxe de auga ou eslinga para remolque, entre as numerosas cousas do “kit de emerxencia” que a DGT pide levar “sempre” en prevención dunha “situación grave, como unha nevada”.
O temporal afecta a colexios do Porriño e Sanxenxo. Na primeira vila pechouse unha das plantas do CEIP da Ribeira, en Torneiros, tras detectarse gretas e desprendementos, mentres que na segunda un tornado lanzou unha pasarela costeira de madeira sobre o patio do colexio de Noalla, que foi desaloxado. Cóntano Sondolouro.com e Pontevedraviva.com. [Foto: Pontevedraviva]
Os viños Ribeiras do Morrazo logran recoñecemento como Indicación Xeográfica Protexida por parte da Comisión Europea, segundo publica este mércores o Diario Oficial da UE.
Puigdemont e Marta Rovira (ERC) pactan en Bruxelas a investidura do líder de JxCat e a Mesa do Parlamento catalán. Está a contalo eldiario.es
Hoxe haberá alerta laranxa no mar por fortes ventos e amarela en boa parte de Galicia por vento e chuvia. Na montaña de Lugo e Ourense a alerta avisa de acumuacións de neve superiores aos 5 centímentros por riba dos 1.200 metros.
O Consello Xeral do Poder Xudicial comezará a recompilar os datos estatísticos de todas as mulleres asasinadas por violencia machista e non só as que se producen no ámbito da parella, cumprindo co fixado no Convenio de Estambul. Incluirá este novo criterio no informe que publicará nuns meses, referido ás vítimas de 2016.
Artur Mas dimite como presidente do PDeCAT: "Dou outro paso ao lado".