Eldiario.es amosa nun infográfico os principais datos da violencia machista no Estado nos últimos anos. Pódese consultar nesta ligazón.

Eldiario.es amosa nun infográfico os principais datos da violencia machista no Estado nos últimos anos. Pódese consultar nesta ligazón.
A Xunta ratifica que supeditará a súa política exterior á do Goberno central. Faro de Vigo adianta o bosquexo da nova regulamentación, que vai na liña do aprobado polo Executivo de Rajoy en 2013.
Investigan un novo posible caso de violencia machista en Brión, onde un veciño lle prendeu lume ao seu vehículo. O home morreu e a muller, que resultou ferida, afirma que procuraba matala.
Praza Pública non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Lémonos o luns!
A bandeira dos EUA volve ondear en Cuba 54 anos despois. O secretario de Estado, John Kerry, realiza unha visita histórica á illa.
Rajoy: "Feijóo é o mellor candidato para presidir a Xunta en 2016". O xefe do Executivo central quere que o actual presidente repita como candidato do PP.
O Concello da Coruña carga contra a campaña da Oktober Fest, que "utiliza a imaxe da muller como reclamo sexual". A Concellería de Igualdade amosa o seu "descontento" pola publicidade do evento, que se celebra en terreos da Autoridade Portuaria.
O Concello da Coruña medita paralizar as polémicas obras da Mariña ante a falta de licenza.
Desenvólvese xa o pleno no que se prevé a moción de censura contra o alcalde do BNG en Boimorto, que fala de "fraude de lei" e acusa o PP de "amparar o transfuguismo". Máis información, hoxe en Praza.
Fernández Díaz asegura que se reuniu con Rato para tratar a súa seguridade persoal. O ministro di non entender as críticas pola súa xuntanza co ex ministro, agora imputado.