O Eurogrupo insiste en que España será "plenamente responsable" do rescate á banca, polo que volve descartar a recapitalización directa dos bancos que solicita o Goberno.
Fálase
A CRTVG prescinde de 93 traballadores e alega que non son despedimentos, senón ceses dos seus empregados interinos.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse este mércores diante da Consellaría de Educación para amosar o seu rexeitamento aos "recortes" que o Goberno de Núñez está a realizar na ensinanza galega. Segundo o colectivo, os datos confirman xa a redución de prazas de profesorado e unidades para o curso que vén.
Bild publica hoxe a súa portada escrita a man para denunciar a fin da caligrafía. Baixo o titular "Alarma! A escrita manual extínguese", afirma que un de cada tres adultos non escribiu nada a man nos últimos seis meses
Histórico encontro en Irlanda do Norte entre o primeiro ministro deste territorio, Martin McGuiness, do Sinn Féin e antigo integrante do IRA, e a raíña Isabel II. Cóntao The Guardian.
A presidenta da Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, di que "evidentemente" se mudará a Lei do Tabaco para que, no caso de que o macro casino Eurovegas se instale alí, no complexo se poida fumar. En RTVE
O pintor Alfonso Sucasas morre en Vila de Cruces aos 72 años. Estaba considerado un dos últimos clásicos da pintura galega e o pasado mes de xaneiro abríu en Vigo a última exposición dos seus traballos.
The New York Times analiza a cegueira dos directivos españois do FMI, José Viñals, Jaime Caruana e Rodrigo Rato, que durante anos saudaron a xestión dos bancos españois, que estaban no entanto afundindo máis e máis na súa crise.
O deputado do BNG Bieito Lobeira dálle varias moedas de céntimo ao presidente da Xunta no seu escano do Parlamento para expresar o seu rexeitamento ao decreto que establece o cobramento polos labores de salvamento marítimo.