O pintor Alfonso Sucasas morre en Vila de Cruces aos 72 años. Estaba considerado un dos últimos clásicos da pintura galega e o pasado mes de xaneiro abríu en Vigo a última exposición dos seus traballos.
Fálase
The New York Times analiza a cegueira dos directivos españois do FMI, José Viñals, Jaime Caruana e Rodrigo Rato, que durante anos saudaron a xestión dos bancos españois, que estaban no entanto afundindo máis e máis na súa crise.
O deputado do BNG Bieito Lobeira dálle varias moedas de céntimo ao presidente da Xunta no seu escano do Parlamento para expresar o seu rexeitamento ao decreto que establece o cobramento polos labores de salvamento marítimo.
Feijóo asegura que os pensionistas galegos non terán que adiantar máis de 8 ou 18 euros polos seus medicamentos. Máis información, esta mañá en Praza.
Ignacio Escolar adianta -a partir das preguntas realizadas polos lectores- algúns detalles máis do proxecto de eldiario.es, o novo xornal dixital que comezará a funcionar en setembro
O Banco de España advirte de que a recesión agravouse no segundo trimestre. "A actividade segue a diminuír a un ritmo máis intenso", asegura o organismo no seu último boletín oficial.
Bruxelas presiona para que España se comprometa a subir o IVE o vindeiro 9 de xullo, na reunión do Eurogrupo. A UE dálle así un ultimatum á política fiscal española ante a baixada na recadación.
Mariano Rajoy insiste en que seguirá "traballando para conseguir a recapitalización directa dos bancos". Durante a sesión de control no Congreso, o presidente do Goberno aclarou que España non pode financiarse "durante moito tempo" aos prezos que o fai agora no mercado.
Rajoy prevé que o saldo vivo das preferentes minoristas baixe un 75% coas medidas do Goberno e recoñece o "incorrecto proceder" dos bancos.
O consello asesor do Ministerio de Industria recomenda eliminar a neutralidade da rede. Non se trata dun informe vinculantes, pero pode indicar a dirección que adopte finalmente o Goberno.