Bruxelas presiona para que España se comprometa a subir o IVE o vindeiro 9 de xullo, na reunión do Eurogrupo. A UE dálle así un ultimatum á política fiscal española ante a baixada na recadación.
Fálase
Mariano Rajoy insiste en que seguirá "traballando para conseguir a recapitalización directa dos bancos". Durante a sesión de control no Congreso, o presidente do Goberno aclarou que España non pode financiarse "durante moito tempo" aos prezos que o fai agora no mercado.
Rajoy prevé que o saldo vivo das preferentes minoristas baixe un 75% coas medidas do Goberno e recoñece o "incorrecto proceder" dos bancos.
O consello asesor do Ministerio de Industria recomenda eliminar a neutralidade da rede. Non se trata dun informe vinculantes, pero pode indicar a dirección que adopte finalmente o Goberno.
Jersey ameaza con independizarse do Reino Unido, antes a ameaza da realización de reformas para limitar a evasión de impostos que se realiza neste paraíso fiscal.
O 5 de outubro celébrase o Congresso Democrático das Alternativas, ao que foron convidados os líderes de PS, BE e PCP, para debater sobre a conformación dunha alternativa de esquerdas. Vasco Lourenço, Carvalho da Silva (ex-líder da CGTP), Cristina Andrade (asociación de precarios FERVE) ou José Reis (director da Facultade de Economía de Coimbra) están entre os promotores.
O parque eólico previsto en Piñor cruza o Camiño de Santiago. Unha comisión de Patrimonio avalía a posibilidade de alegar contra o proxecto empresarial
A Coruña, aprobada pola OCU nunha enquisa sobre calidade de vida en trinta cidades españolas; ocupa o posto 11 entre as trinta. Vigo suspende por pouco e sitúase no posto 18 nesa lista.
Máis da metade dos concellos cataláns xa se adheriron á Associació de Municipis per la Independència, entre eles Girona ou a Deputación de Lleida, aínda que representan 2.355.000 persoas, un 31% da poboación. O seu obxectivo é superar o 50%.
O presidente da Xunta recibe o Club Deportivo Lugo no Pazo de Raxoi polo seu ascenso á Segunda División. É o último acto das celebracións do equipo lugués.