Jersey ameaza con independizarse do Reino Unido, antes a ameaza da realización de reformas para limitar a evasión de impostos que se realiza neste paraíso fiscal.
Fálase
O 5 de outubro celébrase o Congresso Democrático das Alternativas, ao que foron convidados os líderes de PS, BE e PCP, para debater sobre a conformación dunha alternativa de esquerdas. Vasco Lourenço, Carvalho da Silva (ex-líder da CGTP), Cristina Andrade (asociación de precarios FERVE) ou José Reis (director da Facultade de Economía de Coimbra) están entre os promotores.
O parque eólico previsto en Piñor cruza o Camiño de Santiago. Unha comisión de Patrimonio avalía a posibilidade de alegar contra o proxecto empresarial
A Coruña, aprobada pola OCU nunha enquisa sobre calidade de vida en trinta cidades españolas; ocupa o posto 11 entre as trinta. Vigo suspende por pouco e sitúase no posto 18 nesa lista.
Máis da metade dos concellos cataláns xa se adheriron á Associació de Municipis per la Independència, entre eles Girona ou a Deputación de Lleida, aínda que representan 2.355.000 persoas, un 31% da poboación. O seu obxectivo é superar o 50%.
O presidente da Xunta recibe o Club Deportivo Lugo no Pazo de Raxoi polo seu ascenso á Segunda División. É o último acto das celebracións do equipo lugués.
A Cadena SER adianta o contido do que podería ser o novo medicamentazo. Ao xeito do decidido polo Goberno de José María Aznar, con José Manuel Romay Beccaría como ministro, o departamento de Ana Mato estaría prevendo deixar de financiar 400 medicamentos de uso moi común.
O Goberno estuda eliminar a dedución por compra de vivenda e subir o imposto da gasolina. A secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás, vén de admitir que Facenda medita seguir así algunha das recomendacións do FMI.
17 dos 22 Premios Fin de Carreira da Universidade de Vigo son mulleres, que dominan amplamente en todas as áreas agás as enxeñarías, onde os mellores alumnos foron homes.
Hoxe comeza en Madrid o torneo de golf sénior Turismo de Galicia. Como ten informado Praza Pública, a Xunta destina 44.000 euros á organización desta competición. A fase final si será en territorio galego, nun balneario de Pantón.