O Goberno estuda eliminar a dedución por compra de vivenda e subir o imposto da gasolina. A secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás, vén de admitir que Facenda medita seguir así algunha das recomendacións do FMI.
Fálase
17 dos 22 Premios Fin de Carreira da Universidade de Vigo son mulleres, que dominan amplamente en todas as áreas agás as enxeñarías, onde os mellores alumnos foron homes.
Hoxe comeza en Madrid o torneo de golf sénior Turismo de Galicia. Como ten informado Praza Pública, a Xunta destina 44.000 euros á organización desta competición. A fase final si será en territorio galego, nun balneario de Pantón.
Esta mañá celebrouse no Congreso dos Deputados o sétimo aniversario da aprobación da lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aprobada en xuño de 2005 nunha sesión -á que corresponde este vídeo- na que o Grupo Popular, encabezado por Mariano Rajoy, protestou de maneira airada. Á conmemoración non asistiu nigún membro do PP.
O déficit do Estado sobe un 30,6% até maio e suma 36.364 millóns, o que supón o 3,41% do PIB.
June Fernández escribe en ElDiario.es Cinco obstáculos aos que se enfrontan as mulleres en política, nos que analiza os condicionantes sexistas que limitan as posibilidades das mulleres, e as iniciativas postas en marcha en Euskadi para superalos.
Arrancan dun graffiti realizado en homenaxe aos mineiros tres policías en actitude agresiva contra mulleres. A obra era legal e contaba co permiso do propietario do predio no que se realizara
A Audiencia Nacional admite a querela contra cinco exdirectivos de Novacaixagalicia. O xuíz Moreno conclúe que os feitos "revisten carácter de delito". Ademais, tamén remite ao Ministerio Fiscal outra querela presentada por un particular contra Gayoso e Pego,e contra o ex director de Caixa Galicia durante case 30 anos, José Luis Méndez, e os seus fillos. Máis info aquí.
A subasta eléctrica pecha con subas de preto do 10%, o que provocará a alza nun 3,9% do recibo da luz.
Alberto Núñez Feijóo recibiu no Pazo de Raxoi os deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que participarán nos Xogos de Londres.