Alberto Núñez Feijóo recibiu no Pazo de Raxoi os deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que participarán nos Xogos de Londres.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fe9badd44aa3-olimpicos.jpg)
Alberto Núñez Feijóo recibiu no Pazo de Raxoi os deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que participarán nos Xogos de Londres.
O vindeiro sábado 30 de xuño están convocadas concentracións de informáticos en Madrid, Barcelona e Zaragoza para esixir mellores condicións laborais e protestar contra os recentes EREs e despedimentos masivos. Argumentan que "somos un dos poucos sectores que poden transformar este país e facer que vaia máis aló do chiringuito e o ladrillo"
Uns 4.000 operarios do naval cortan a ponte das Pías en Ferrol. Os traballadores demandan carga de traballo e unha solución para a falta de encargos nos estaleiros da ría.
O pleno do Parlamento dálles luz verde definitiva á Lei de Montes, que reduce a faixa de protección contra o lume en torno ás casas, e á Lei de Vivenda. Só o PP votou a favor.
A comunidade educativa do IES de Redondela elabora un retranqueiro lipdub a prol da lingua galega convertendo o mítico I will survive en Eu falarei
O xornal La Información debulla as medidas de Televisión Española para aforrar durante o verán. A canle pública suspende a emisión dos seus magacines estrela durante o período estival e substitúeos pola reposición da serie Ana y los siete, emitida a principios da década pasada.
A pensión de xubilación en Galicia está 116 euros por baixo da media estatal. Sitúase nos 779,99 euros e segue a ser a máis baixa en España.
Almunia recomenda que o Goberno ou as comunidades autónomas asuman o custo das preferentes. O comisario da Competencia defende esa opción como a mellor vía para solucionar o problema dos afectados polas participacións preferentes.
Lupe Ces escribe sobre Iria, a muller asasinada en Narón pola súa ex parella, nun novo caso de violencia machista
De Guindos confirma que se creará un 'banco malo' onde Novagalicia Banco, Bankia, Catalunya Caixa e o Banco de Valencia evacuarán os seus activos tóxicos. O ministro de Economía asegura tamén que a UE imporá condicións a todo o sector financeiro para activar o rescate de até 100.000 millóns.