A pensión de xubilación en Galicia está 116 euros por baixo da media estatal. Sitúase nos 779,99 euros e segue a ser a máis baixa en España.
Fálase
Almunia recomenda que o Goberno ou as comunidades autónomas asuman o custo das preferentes. O comisario da Competencia defende esa opción como a mellor vía para solucionar o problema dos afectados polas participacións preferentes.
Lupe Ces escribe sobre Iria, a muller asasinada en Narón pola súa ex parella, nun novo caso de violencia machista
De Guindos confirma que se creará un 'banco malo' onde Novagalicia Banco, Bankia, Catalunya Caixa e o Banco de Valencia evacuarán os seus activos tóxicos. O ministro de Economía asegura tamén que a UE imporá condicións a todo o sector financeiro para activar o rescate de até 100.000 millóns.
Mar Barcón liderará o PSOE coruñés logo de obter o 46% dos votos nas votacións para decidir a executiva. A voceira socialista no Concello da Coruña superou en tan só doce votos a Jesús Fernández.
A axenda oficial do presidente da Xunta prevía a súa presenza no pleno do Parlamento ás 10:00. A súa asistencia ás votacións na Cámara é vital para o PP, que ostenta a maioría absoluta por un só escano de diferenza.
A ILP para a dación en pago retroactiva xa suma 200.000 sinaturas. A iniciativa, que inclúe tamén a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social, está máis preto dos 500.000 apoios que se precisan para que sexa tramitada no Congreso, segundo informa CCOO.
Tensión no inicio do pleno do Parlamento. O PSdeG solicitou a introdución dunha comisión de investigación sobre as caixas na orde do día da sesión e produciuse un empate pola ausencia do presidente da Xunta. Os deputados do BNG mantéñense en pé nos seus escanos a xeito de protesta polo veto do PP á comisión sobre as antigas Caixa Galicia e Caixanova. A presidenta suspendeu o pleno "mentres non senten" e chamou os portavoces o seu despacho.
Moody's deixa en bono lixo a case toda a banca española. Tan só se salvan sete entidades, pero non Novacaixagalicia, que recibe unha cualificación de B1.
Amaiur e ERC presentarán no Congreso unha proposición de lei sobre libre determinación, como xa fixeron no Parlamento Europeo. Este venres presentarase un grupo de traballo aberto ao resto de partidos.