A axenda oficial do presidente da Xunta prevía a súa presenza no pleno do Parlamento ás 10:00. A súa asistencia ás votacións na Cámara é vital para o PP, que ostenta a maioría absoluta por un só escano de diferenza.
Fálase
A ILP para a dación en pago retroactiva xa suma 200.000 sinaturas. A iniciativa, que inclúe tamén a paralización dos desafiuzamentos e o aluguer social, está máis preto dos 500.000 apoios que se precisan para que sexa tramitada no Congreso, segundo informa CCOO.
Tensión no inicio do pleno do Parlamento. O PSdeG solicitou a introdución dunha comisión de investigación sobre as caixas na orde do día da sesión e produciuse un empate pola ausencia do presidente da Xunta. Os deputados do BNG mantéñense en pé nos seus escanos a xeito de protesta polo veto do PP á comisión sobre as antigas Caixa Galicia e Caixanova. A presidenta suspendeu o pleno "mentres non senten" e chamou os portavoces o seu despacho.
Moody's deixa en bono lixo a case toda a banca española. Tan só se salvan sete entidades, pero non Novacaixagalicia, que recibe unha cualificación de B1.
Amaiur e ERC presentarán no Congreso unha proposición de lei sobre libre determinación, como xa fixeron no Parlamento Europeo. Este venres presentarase un grupo de traballo aberto ao resto de partidos.
Unha astrónoma británica publica un vídeo no que resposta á campaña da Comisión Europea para fomentar os estudos de ciencias entre as rapazas, moi criticado polo seu sexismo. No vídeo anima a mozos e mozas a achegarse ás ciencias e di que o fundamental é animalos a que sexan apaixonados e a que queiran saber máis sobre como funciona o universo.
Os catro concelleiros de IU en Langreo ingresan as súas dietas de maio, uns dous mil euros, na caixa de resistencia dos mineiros.
A moción de censura presentada polo PCP contra Passos Coelho en Portugal é derrotada. Votaron a favor PCP, Bloco e Verdes. O PS abstívose e PSD e CDS votaron en contra.
Lugo celebrou onte nas rúas o ascenso a Segunda
Meu canto, de Uxía, mellor disco de folk nos Premios da Música Independente #premiosUFI