Hoxe comeza en Madrid o torneo de golf sénior Turismo de Galicia. Como ten informado Praza Pública, a Xunta destina 44.000 euros á organización desta competición. A fase final si será en territorio galego, nun balneario de Pantón.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fe9e16b5fa56-4f847b17ba117-36022_golf20balneario20de20augas20santas_1-4bheht.jpg)
Hoxe comeza en Madrid o torneo de golf sénior Turismo de Galicia. Como ten informado Praza Pública, a Xunta destina 44.000 euros á organización desta competición. A fase final si será en territorio galego, nun balneario de Pantón.
Esta mañá celebrouse no Congreso dos Deputados o sétimo aniversario da aprobación da lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aprobada en xuño de 2005 nunha sesión -á que corresponde este vídeo- na que o Grupo Popular, encabezado por Mariano Rajoy, protestou de maneira airada. Á conmemoración non asistiu nigún membro do PP.
O déficit do Estado sobe un 30,6% até maio e suma 36.364 millóns, o que supón o 3,41% do PIB.
June Fernández escribe en ElDiario.es Cinco obstáculos aos que se enfrontan as mulleres en política, nos que analiza os condicionantes sexistas que limitan as posibilidades das mulleres, e as iniciativas postas en marcha en Euskadi para superalos.
Arrancan dun graffiti realizado en homenaxe aos mineiros tres policías en actitude agresiva contra mulleres. A obra era legal e contaba co permiso do propietario do predio no que se realizara
A Audiencia Nacional admite a querela contra cinco exdirectivos de Novacaixagalicia. O xuíz Moreno conclúe que os feitos "revisten carácter de delito". Ademais, tamén remite ao Ministerio Fiscal outra querela presentada por un particular contra Gayoso e Pego,e contra o ex director de Caixa Galicia durante case 30 anos, José Luis Méndez, e os seus fillos. Máis info aquí.
A subasta eléctrica pecha con subas de preto do 10%, o que provocará a alza nun 3,9% do recibo da luz.
Alberto Núñez Feijóo recibiu no Pazo de Raxoi os deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que participarán nos Xogos de Londres.
O vindeiro sábado 30 de xuño están convocadas concentracións de informáticos en Madrid, Barcelona e Zaragoza para esixir mellores condicións laborais e protestar contra os recentes EREs e despedimentos masivos. Argumentan que "somos un dos poucos sectores que poden transformar este país e facer que vaia máis aló do chiringuito e o ladrillo"
Uns 4.000 operarios do naval cortan a ponte das Pías en Ferrol. Os traballadores demandan carga de traballo e unha solución para a falta de encargos nos estaleiros da ría.