As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra reciben os informes para devolver os servizos de bombeiros á xestión pública. A Xunta abriuse á fin das privatizacións tras anos impulsándoas e os primeiros cálculos indican que sairía máis barato o modelo público. A Deputación ourensá desmarcouse do proxecto.
