A ONU apercibe a mineira de San Finx e o Estado polas súas denuncias "abusivas" a Ecoloxistas en Acción. Segundo Nacións Unidas, a empresa emprega as demandas para "intimidar as persoas defensoras do medio ambiente".
Fálase
Pachi Vázquez rexistra unha coalición entre Espazo Común e Unidade Local para presentarse ás eleccións galegas do 18F nas catro provincias. O ex-secretario xeral do PSdeG e actual concelleiro de Espazo Común no Carballiño conta con que se sumen máis formacións.
Os bombeiros de Vigo anuncian que non participarán na Cabalgata de Reis pola "alarmante falta de persoal". Será a primeira vez que o persoal non percorrerá as rúas da cidade, tal e como explica Vigo sen Bombeiros, colectivo apoiado por CCOO, CUT, CIG e UGT.
Fillas de Cassandra presenta un novo espectáculo que só existirá no directo, Últimas Dionisíacas, que verá a luz o 16 de febreiro en Vigo. O dúo formado por María SOA e Sara Faro, que vén de xirar polo país co seu disco debut, Acrópole, presenta unha nova proposta escénica e musical que supón "un convite ao festexo colectivo e catártico" e na que estarán acompañadas polas músicas Tania Caamaño e Marina Vidal, coa axuda de Berto na produción. O hall do Auditorio Mar de Vigo acolle a posta en escena, coas entradas xa á venda.
A Xunta colabora coa plataforma de vídeo a demanda en liña Filmin e crea un apartado monográfico con películas, series e curtametraxes de autoría galega, xunto con filmes que se poden ver dobrados ou subtitulados ao galego. A canle Cinemas_GAL recompila pezas audiovisuais dispoñibles na plataforma e agrupa os contidos en categorías como 'éxitos recentes do cine galego' ou 'o mellor cine europeo en galego'. Poden verse filmes estreados en 2023 como Matria, de Álvaro Gago, ou películas como O que arde, Lúa Vermella, O corpo aberto, Dhogs, 9 Fugas, Nación, Valentina ou Dorothè na vila.
Sumar Galicia promete poñer en marcha un metro lixeiro nas áreas metropolitanas de Vigo e da Coruña "antes do remate da vindeira lexislatura". A formación prevé o inicio das obras en 2026 e anuncia que creará unha Consellería de Mobilidade no caso de formar parte do novo goberno da Xunta.
Interrumpido o tráfico na liña ferroviaria Ferrol-Oviedo tras impactar un tren contra unha árbore no Vicedo. O accidente non provocou feridos aínda que os ocupantes do ferrocarril permaneceron máis de dúas horas atrapadas.
A ONG CEMMA amosa nun vídeo todo o plástico recollido no estómago dun baleato morto na Coruña o pasado ano. O cetáceo foi atopado na praia das Amorosas e faleceu a causa dos plásticos inxeridos. As costas galegas rexistraron en 2023 un récord de animais varados.
🎉 Este 1 de xaneiro, Aninovo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. A redacción de Praza e a Fundación Praza Pública deséxanvos boas festas e feliz 2024! Deixamos moito para lerdes e o martes estamos de volta!
Pontón lanza unha mensaxe de Fin de Ano desde o barrio no que vive en Compostela para prometer que "con vós, poremos en marcha a mellor Galiza".