Fillas de Cassandra presenta un novo espectáculo que só existirá no directo, Últimas Dionisíacas, que verá a luz o 16 de febreiro en Vigo. O dúo formado por María SOA e Sara Faro, que vén de xirar polo país co seu disco debut, Acrópole, presenta unha nova proposta escénica e musical que supón "un convite ao festexo colectivo e catártico" e na que estarán acompañadas polas músicas Tania Caamaño e Marina Vidal, coa axuda de Berto na produción. O hall do Auditorio Mar de Vigo acolle a posta en escena, coas entradas xa á venda.
