Besteiro despide o ano compartindo unha receita e desexando "bo proveito, bo 2024".
Fálase
Cales foron os acontecementos culturais deste 2023? En VINTE realizaron unha enquisa entre vinte colaboradoras e colaboradores da revista e este é o resultado:
PP e PSOE rexistran unha reforma da Constitución para mudar o termo "diminuídos" por "persoas con discapacidade". É un acordo ao que chegaron Sánchez e Feijóo hai dúas semanas tras anos de reclamacións desde os colectivos sociais. [Imaxe: Pool Moncloa/Fernando Calvo]
A CRTVG anuncia que celebrará "o debate electoral" o luns 5 de febreiro ás 21.30 horas. Preséntao como o único propio sen detallar participantes despois de que Pontón e Besteiro aceptasen acudir a un debate a tres en RTVE con Rueda, que aínda non amosou a súa postura.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro, os Orzamentos da Xunta para 2024 e a súa lei de acompañamento, que muda outra trintena de leis previas. Neste espazo podes ler todo o que fomos publicando das novas contas públicas.
Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro confirman a súa disposición a participar nun debate a tres proposto por RTVE para as eleccións galegas. A nacionalista e o socialista defenden a celebracións de máis debates e o candidato do PP, Alfonso Rueda, aínda non amosou a súa postura.
Detido un mozo coruñés de 21 anos polo acoitelamento mortal dun rapaz na Coruña a pasada fin de semana, segundo vén de informar a Delegación do Goberno en Galicia.
O BOE publica a modificación lexislativa que desbloquean os parques eólicos que subministrarán enerxía á planta de Alcoa en San Cibrao, tal e como adiantara o pasado martes o candidato do PSdeG á presidencia das Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.
A galega Susana Rodríguez, Premio Nacional do Deporte. A triatleta viguesa foi galardoada como mellor deportista do ano 2022, ao igual que o tenista Carlos Alcaraz.
O Goberno de España manterá a gratuidade dos trens de proximidade e media distancia e as subvencións para o transporte público por estrada durante todo 2024. O Consello de Ministros dará luz verde ao novo escudo social este mércores. Máis información, hoxe en Praza.gal.