Interrumpido o tráfico na liña ferroviaria Ferrol-Oviedo tras impactar un tren contra unha árbore no Vicedo. O accidente non provocou feridos aínda que os ocupantes do ferrocarril permaneceron máis de dúas horas atrapadas.
Fálase
A ONG CEMMA amosa nun vídeo todo o plástico recollido no estómago dun baleato morto na Coruña o pasado ano. O cetáceo foi atopado na praia das Amorosas e faleceu a causa dos plásticos inxeridos. As costas galegas rexistraron en 2023 un récord de animais varados.
🎉 Este 1 de xaneiro, Aninovo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. A redacción de Praza e a Fundación Praza Pública deséxanvos boas festas e feliz 2024! Deixamos moito para lerdes e o martes estamos de volta!
Pontón lanza unha mensaxe de Fin de Ano desde o barrio no que vive en Compostela para prometer que "con vós, poremos en marcha a mellor Galiza".
Besteiro despide o ano compartindo unha receita e desexando "bo proveito, bo 2024".
Cales foron os acontecementos culturais deste 2023? En VINTE realizaron unha enquisa entre vinte colaboradoras e colaboradores da revista e este é o resultado:
PP e PSOE rexistran unha reforma da Constitución para mudar o termo "diminuídos" por "persoas con discapacidade". É un acordo ao que chegaron Sánchez e Feijóo hai dúas semanas tras anos de reclamacións desde os colectivos sociais. [Imaxe: Pool Moncloa/Fernando Calvo]
A CRTVG anuncia que celebrará "o debate electoral" o luns 5 de febreiro ás 21.30 horas. Preséntao como o único propio sen detallar participantes despois de que Pontón e Besteiro aceptasen acudir a un debate a tres en RTVE con Rueda, que aínda non amosou a súa postura.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro, os Orzamentos da Xunta para 2024 e a súa lei de acompañamento, que muda outra trintena de leis previas. Neste espazo podes ler todo o que fomos publicando das novas contas públicas.
Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro confirman a súa disposición a participar nun debate a tres proposto por RTVE para as eleccións galegas. A nacionalista e o socialista defenden a celebracións de máis debates e o candidato do PP, Alfonso Rueda, aínda non amosou a súa postura.