Abre no salón de plenos do Pazo de María Pita a capela ardente de Joaquín López Menéndez, alcalde da Coruña pola UCD entre 1981 e 1983 falecido o pasado domingo.
Fálase
28A | A Xunta Electoral Central amplía ata este xoves, día 25, o prazo para enviar o voto por correo e insta a Correos a "extremar a dilixencia" para que os sufraxios cheguen en tempo ás mesas electorais
O presidente e o consello de administración do Deportivo dimiten e convocan unha xunta para escoller nova directiva. Tino Fernández abandona o club nove meses despois de ser ratificado polos accionistas á fronte da entidade.
28A | A Xunta Electoral Central rexeita o recurso co que o PP reclamaba que Casado abrise e pechase o debate electoral de RTVE sen atender ás quendas asignadas por sorteo.
Unha parella de Rianxo e Pontecesures, entre as persoas falecidas nos atentados contra templos católicos e hoteis en Sri Lanka. O mozo tiña 31 anos e a moza, 32. Así o confirmou o alcalde de Pontecesures, segundo indica axencia EFE e recollen eldiario.es a TVG e Faro de Vigo. Nestes atentados faleceron case 300 persoas, segundo as últimas cifras oficiais.
28A | O PP recorre o reparto das quendas do debate desta noite. Os populares piden á Xunta Electoral que os prime por ser actualmente a forza máis votada.
A conselleira de Medio Ambiente asegura que "Ence non contamina a ría de Pontevedra" e di que "haberá que preguntarlle ao Concello" e "analizar o que está a ocorrer coas depuradoras". Ángeles Vázquez fixo estas declaracións nunha entrevista na Cadena SER.
García Egea pide aglutinar o voto no PP porque "se gaña Sánchez, o AVE a Galicia vai estar en mans de Junqueras". O secretario xeral do PP visitou este domingo Santiago de Compostela.
Máis de 180 mortos nunha serie de explosións en varias igrexas e hoteis de Sri Lanka. Hai máis de 400 feridos.
Varias enquisas outórganlle unha clara vitoria no #28A ao PSOE, que precisaría un acordo con grupos nacionalistas para gobernar. O inquérito de El País concédelle 129 escanos aos socialistas e o da Voz sitúa o seu posible pacto con Unidas Podemos ao bordo da maioría absoluta. A sondaxe para El Mundo advirte dun "empate entre bloques", mentres que a de Prensa Ibérica apunta a unha vitoria de Sánchez sen maioría clara de goberno.