O Congreso tomba os Orzamentos Xerais do Estado e abre a porta a inminentes eleccións xerais. As emendas á totalidade de PP, Ciudadanos, PDeCAT, ERC, Coalición Canaria e Foro Asturias saíron adiante con 191 votos a prol, 158 en contra e unha abstención. Entre os representantes de En Marea, Alexandra Fernández votou a prol das emendas e os catro restantes, en contra. Consulta aquí toda a información
Fálase
O Consello de En Marea aposta polo "non" aos Orzamentos Xerais do Estado ao considerar que non existe "vontade real de acadar un acordo" por parte do PSOEsobre o investimento en Galicia. As contas non seguirán a ser tramitadas se hoxe saen adiante as emendas á totalidade
O PP vota contra que Galicia reclame as competencias de salvamento marítimo, como pedía o BNG. O rexeitamento produciuse apenas dúas semanas despois de que os populares votasen a prol de reclamar novas transferencias a Galicia tras dez anos sen sumar ningunha. En Marea votou a prol da proposta do Bloque e o PSdeG abstívose para non "impedir" o debate. Os populares resaltan que xa rexeitaran esta competencia noutras ocasións.
A previsible derrota deste mércores do Goberno de Pedro Sánchez no debate de totalidade dos Orzamentos Xerais do Estado incrementa as posibilidades dun adianto das eleccións xerais. Crónica en eldiario.es
O tripartito de dereitas sumaría maioría absoluta no Congreso ao compensar Ciudadanos e Vox a caída do PP, segundo o inquérito de Celeste-Tel que publica eldiario.es
Cinco anos de prisión para un alto funcionario do Concello de Vigo por, segundo a sentenza, trazar "un plan" para contratar unha familiar da presidenta da Deputación e edil do PSOE vigués, Carmela Silva, á marxe da legalidade. Está a contalo Faro de Vigo
AO VIVO | Comeza o xuízo aos líderes independentistas cataláns. Nesta ligazón, a retransmisión en directo dende o Tribunal Supremo en Praza.gal
O Parlamento Europeo vota hoxe o acordo pesqueiro da UE con Marrocos desafiando o dereito internacional ao incluír o Sáhara Occidental. Crónica de Andrés Gil dende Bruxelas.
PSOE e PP tomban o orzamento da Marea Atlántica na Coruña. Socialistas e populares votan en contra das contas do grupo de goberno mentres que o BNG, moi crítico, abstense.
O PP anuncia visitas de Pablo Casado "esta semana" a Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Farao, din, porque Galicia será "un dos territorios" que "mandará unha mensaxe clara e contundente" a Pedro Sánchez sobre a necesidade de eleccións xerais. A visita chega escasos días despois da manifestación contra Sánchez do propio PP con Ciudadanos e Vox en Madrid, á que Feijóo acudiu.