Francisco Jorquera, novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Substitúe na presidencia a Guillerme Vázquez e terá a Ana Miranda como vicepresidenta.
Fálase
En Marea presenta en Ribeira a súa candidatura para as xerais. "Non foi suficiente cos resultados extraordinarios pero temos segunda oportunidade para redobrar esforzos e demostrar que o cambio vai vir da man de En Marea", afirmou Alexandra Fernández durante o acto.
Ecologistas en Acción publicou este martes o seu informe anual sobre a calidade do aire en España, que indica que 2,5 millóns de persoas en Galicia (o 92% da poboación) respiran un aire prexudicial para a saúde segundo as recomendacións da OMS e un 76% do territorio está exposto a niveis de contaminación que danan a vexetación. As centrais de Meirama e As Pontes, principais responsables, xunto co tráfico das cidades e industrias como Cementos Cosmos.
O Congreso rexeita reunir a Deputación Permanente por Reganosa. PP, PSOE e Ciudadanos descarta a petición de En Marea, que solicitara que se debatese a decisión do Goberno en funcións sobre a planta de gas.
Laura Bugalho non entrará en prisión tras acadar un acordo de conformidade coa Fiscalía. Toda a información, hoxe en Praza.
Kepa Junkera, Poetarras, Arrhytmia, Falua e Fran Amil encabezan o cartel do Festigal 2016, que este martes foi presentado en Compostela. A décimo quinta edición do festival, que se celebra o 24 e o 25 de xullo, será inaugurada por Esposa, que gañou o certame de novos valores.
A CGT denuncia que en maio circularon 103 trens de media distancia sen interventor en Galicia. O sindicato di que supón unha perda para Renfe duns 5.000 euros ao mes e unha merma na seguridade dos pasaxeiros.
A CRTVG e a RTP presentan no Porto a súa primeira coprodución dunha serie de ficción, Vidago Palace, cuxa rodaxe comezará no outono.
Dous infantes e dous curmáns do rei regularizaron 4 millóns de euros na amnistía fiscal. É unha das informacións contida na investigación conxunta de eldiario.es, La Marea e Diagonal na que se amosa que varias xeracións dos Borbón manexaron cartos fóra do control da Facenda española.
Hillary Clinton ten xa apoios dabondo para ser nomeada candidata demócrata á presidencia dos Estados Unidos, segundo sondaxes entre delegados das que dá conta a NBC. O nomeamento aínda non está, no entanto, asegurado.