Theresa May ofrece ao Parlamento británico votar a posibilidade dun segundo referendo sobre o Brexit. Vén de anuncialo no marco dun discurso sobre os seus plans para tentar desbloquear as negociacións sobre o plan para abandonar a UE.

Theresa May ofrece ao Parlamento británico votar a posibilidade dun segundo referendo sobre o Brexit. Vén de anuncialo no marco dun discurso sobre os seus plans para tentar desbloquear as negociacións sobre o plan para abandonar a UE.
A socialista Meritxell Batet, nova presidenta do Congreso en segunda votación por 175 votos a prol. Antes xa fora elixido o tamén membro do PSOE Manuel Cruz como novo presidente do Senado, no seu caso pola maioría absoluta coa que contan os socialistas nesa Cámara. Na imaxe, divulgada polo Congreso, Batet con Ana Pastor, á que sucede no cargo.
AO VIVO | En marcha a sesión constitutiva da XIII Lexislatura Estatal. O pleno do Congreso, en directo nesta ligazón
Hoxe comeza a folga de dous días do persoal de Atención Primaria na área de Vigo coa vista posta na folga médica do vindeiro xuño, nese caso en toda Galicia.
26M | O PSOE gañaría as eleccións europeas cunha ampla vantaxe sobre o PP, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es que outorga 3 escanos á coalición na que participa o BNG e cadanseu escanos ás coalicións nas que se integran CxG e En Marea.
Oliver Laxe estrea este martes no Festival de Cannes O que arde, a súa última película, arredor dos incendios forestais.
A guerra comercial dos Estados Unidos coa China provoca que Google deixe de fornecer actualizacións do seu sistema operativo Android a móbiles da chinesa Huawei. GCiencia explica neste artigo as consecuencias deste conflito.
Os dirixentes independentistas cataláns en prisión preventiva que foron elixidos nas xerais do 28A por ERC e JxCat veñen de recoller as súas actas parlamentarias no Congreso baixo custodia policial. Na imaxe, cumprimentan os trámites para tomar posesión do escano (imaxe divulgada polo grupo de EH Bildu).
O DOG publica este luns o veto á apertura de novas salas de apostas en Galicia durante nove meses. Neste período a Xunta prevé que remate a tramitación parlamentaria da nova lei do xogo.
O CD Lugo leva o derbi ante o Deportivo (1-0) e aférrase á permanencia na Segunda, mentres o conxunto coruñés se complica o ascenso á Primeira. (Imaxe: CD Lugo)