O Primavera Sound realizará unha serie de mini-festivais itinerantes en distintas cidades, entre elas Santiago de Compostela
Fálase
A esta hora comeza no Parlamento a primeira comparecencia na comisión de investigación das caixas, coa intervención do do profesor universitario Ángel Vilariño. Pola tarde é a quenda do conselleiro de Economía do bipartito, José Ramón Fernández Antonio.
Novo imputado no Concello de Santiago. O concelleiro socialista Bernardino Rama foi citado a declarar polo xuíz Vázquez Taín. a
Primeiras concentracións na xornada de folga xeral no sector naval de Vigo. Os traballadores de dez estaleiros privados da comarca están chamados ao paro para exixir solucións á crise da industria e os sindicatos falan xa dun seguimento total. Imaxe de @EU_Vigo.
A Comisión de Peticións do Parlamento europeo modifica o seu informe sobre as rías galegas e elimina as referencias a Ferrol. BNG e AGE denuncian que se trata dun intento de "contentar as autoridades e deputados do PP".
Faro de Vigo publica as actas do Banco de España, claves na fusión das caixas galegas e salienta que Caixa Galicia estaba "quebrada e baixo ameaza de intervención inmediata". KPMG estimó en 1.793 millóns as perdas de Caixa Galicia polo sector inmobiliario.
O actor James Gandolfini, protagonista de The Sopranos, entre outros filmes e series, faleceu esta noite vítima dun infarto aos 51 anos de idade.
A presión das autonomías obriga a Wert a revisar as bolsas. O ministro de Educación acepta modificar a nota para acadar as axudas en bacharelato e FP. As socialistas Andalucía e Asturias pero tamén as populares Castela-A Mancha e Castela e León posicionáronse contra o decreto do Goberno dende un primeiro momento na xuntanza que tivo lugar a última hora de onte.
São Paulo e Río retiran a suba do transporte despois de 12 días de protestas
Manifestación en Vigo na defensa do aeroporto de Peinador. A mobilización obriga a pechar o centro da cidade ao tráfico. Imaxe de @crtvg_vigo.