Agricultores e gandeiros manteñen cortada a A-52, tras máis de 24 horas de protesta polo acordo entre a UE e Mercosur. O corte da estrada ao paso por Xinzo de Limia comezou a primeiras horas do sábado.
Agricultores e gandeiros manteñen cortada a A-52, tras máis de 24 horas de protesta polo acordo entre a UE e Mercosur. O corte da estrada ao paso por Xinzo de Limia comezou a primeiras horas do sábado.
Galicia supera as 877.000 persoas vacinadas fronte á gripe, cunha cobertura de máis do 73% entre as maiores de 65 anos e de máis do 55% entre a rapazada ata os 11 anos.
Agricultores e gandeiros cortan a A-52 á altura de Trasmiras en protesta polo acordo comercial entre a UE e Mercosur aprobado este venres. Os colectivos Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema anuncian que retomarán as mobilizacións o luns 12 de xaneiro diante da sede da Xunta en Lugo. Foto: DGT.
O novo modelo de financiamento autonómico achegaría 21.000 millóns máis ás comunidades autónomas. O Goberno de España propón aumentar a cesión da recadación do IVE e do IRPF do 50% actual ao 55% e ao 56,5% respectivamente e aplicar mecanismos de compensación para os territorios peor financiadas.
Feijóo recoñece ante a xuíza que mentiu e que non foi informado por Mazón "en tempo real" dos efectos da DINA, tal e como dixera. O presidente do PP asegura que non soubo da catástrofe ata as 20 horas daquel 29 de outubro. Foto: PP.
Falece o actor e músico galego Siro Ouro. O ferrolán, de 24 anos, formou parte da serie La Mesías ou de filmes como Somos Reyes. A compañía teatral La Tristura e seu pai e tamén actor, Dani Ouro, anunciaron o seu falecemento. Foto: La Tristura.
Sánchez e Junqueras alcanzan un acordo de financiamento para Catalunya: 4.700 millóns máis. O presidente de ERC avanza o pacto logo da reunión bilateral na Moncloa e aclara que non hai ningún acordo sobre recadación fiscal nin sobre os orzamentos. Foto: Paula Roque / ERC.
O Instituto galego de análise e documentación internacional (IGADI) emite este mércores 7 de xaneiro un programa especial como peche do Ano Castelao, coincidindo co 76º cabodano do intelectual, artista e político de Rianxo. A emisión realizarase en directo a partir das 18.45 horas a través do canal do IGADI TV en conexión con Bos Aires.
Ademais, a entidade vén de compartir unha publicación especial, 2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero, que reúne as entrevistas, análises e artigos elaborados polo Observatorio das Diásporas no último ano.
Catro estradas afectadas por xeo e neve en Galicia, todas na provincia de Ourense. O uso obrigado de cadeas ou a restrición temporal de velocidade dáse na A-52 que une a capital provincial con Zamora e noutras vías en Manzaneda, Casaio, Covelo e A Veiga. Foto: DGT.
Trump asegura que Venezuela entregaralle aos EUA ata 50 millóns de barrís de petróleo, un cargamento que se achegará aos 2.800 millóns de dólares, e exixe ao goberno de Delcy Rodríguez que rompa relacións con China e Rusia.