O Instituto galego de análise e documentación internacional (IGADI) emite este mércores 7 de xaneiro un programa especial como peche do Ano Castelao, coincidindo co 76º cabodano do intelectual, artista e político de Rianxo. A emisión realizarase en directo a partir das 18.45 horas a través do canal do IGADI TV en conexión con Bos Aires.
Ademais, a entidade vén de compartir unha publicación especial, 2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero, que reúne as entrevistas, análises e artigos elaborados polo Observatorio das Diásporas no último ano.