O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo ratificou a decisión de propoñer a deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo, en substitución de José Tomé.
O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo ratificou a decisión de propoñer a deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo, en substitución de José Tomé.
Unha concentración ante o consulado de Venezuela en Vigo protestou contra o ataque militar realizado polos Estados Unidos e o secuestro do presidente Nicolás Maduro. A mobilización en solidariedade co pobo venezolano foi convocada por AGABO. Imaxe: BNG
Donald Trump publica na súa rede social Truth unha imaxe de Nicolás Maduro secuestrado e esposado.
Donald Trump ofrece unha rolda de prensa dende a súa residencia privada en Florida para dar detalles sobre o ataque militar contra Venezuela e o secuestro do presidente Nicolás Maduro e a súa dona. Podes seguir aquí a súa intervención.
Venezuela denuncia unha "agresión militar de EUA" e declara estado de conmoción exterior. Trump tería ordenado ataques dentro do país, entre eles algúns dirixidos contra obxectivos militares, segundo a CBS. Pódese seguir aquí a emisión en directo de Telesur. Imaxe: Telesur
As mensaxes de WhatsApp de Feijóo a Mazón durante as riadas de València incídenlle na importancia da estratexia de comunicación. Se as mensaxes de Mazón ao líder do PP revelaron hai uns días que este nunca estivo informado "en tempo real", como asegurara, as que transcorreron en sentido contrario, agora reclamadas pola xuíza, evidencian a un Feijóo preocupado pola comunicación e posibles erros do Goberno de Sánchez.
A patronal galega carga contra a suba das peaxes da AP-9 e advirte de que a concesión xa está "totalmente rendibilizada". A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asegura que a súa valoración sobre o incremento do importe é "evidentemente negativa".
Un mapa permite coñecer en tempo real as balizas V16 activas que advirten dun vehículo parado na estrada. O dispositivo é obrigratorio desde este pasado 1 de xaneiro e substitúe os triángulos de sinalización.
O audiovisual chora a morte de Miguel Insua, actor galego que debutou no cine en Sempre Xonxa e que participou en filmes como Sinbad, Magical Girl ou Antes de Nós e en series como Serramoura, Lobos&cordeiros, La Unidad ou Cuéntame. Natural de Valdoviño, faleceu aos 64 anos o pasado 30 de decembro.
Coral Conde Cid, de 2,9 quilos de peso, foi a primeira galega de 2026, en Ourense, onde naceu xusto na medianoite do 31 ao 1. A segunda en nacer, pasados 38 minutos do día 1, foi Valeria, en Vigo, e o terceiro Lucan, no Hospital da Mariña, uns minutos despois. [Foto: Xunta]