A patronal galega carga contra a suba das peaxes da AP-9 e advirte de que a concesión xa está "totalmente rendibilizada". A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) asegura que a súa valoración sobre o incremento do importe é "evidentemente negativa".