Unha comisión de festas de Carnota recada fondos en solidariedade coa da localidade leonesa de Villamanín, logo de que vendesen participacións de máis que impiden o cobro de catro millóns de euros do Gordo da Lotaría de Nadal.
Unha comisión de festas de Carnota recada fondos en solidariedade coa da localidade leonesa de Villamanín, logo de que vendesen participacións de máis que impiden o cobro de catro millóns de euros do Gordo da Lotaría de Nadal.
A Xunta volve conxelar as peaxes das autoestrada AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Vigo-Val Miñor. Tras asumir con fondos públicos a suba das peaxes prevista para 2023 e 2024 e incrementalas un 1,7% para os usuarios neste 2025, o Goberno galego volve asumir a suba en 2026.
José Ramón Lete cesa como secretario xeral para o Deporte da Xunta tras 16 anos no cargo en tres etapas distintas. O novo responsable de Deporte será Roberto García Fernández. O Consello da Xunta tamén remudou varios altos cargos das consellería de Presidencia, Medio Rural e Mar.
O crego de Xestoso dedica a súa homilía no Día dos Inocentes ao "xenocidio infantil" en Gaza. "A afirmación de que, se nacese hoxe, Xesús sería asasinado por ser palestino non é unha provocación teolóxica, senón unha interpelación ética. Xesús naceu pobre, nunha terra ocupada, e foi perseguido desde o berce. Lembralo sen mirar o que ocorre hoxe con outros nenos pobres e perseguidos é baleirar o Evanxeo de sentido", explica Luís Rodríguez Patiño. A lembranza "da matanza dos Santos Inocentes, o episodio bíblico no que o rei Herodes ordenou asasinar nenos indefensos por medo a perder o seu poder", evoca, "debería obrigarnos a preguntarnos que vidas consideramos dignas de ser choradas e cales aceptamos como danos colaterais. O silencio ante a morte dos inocentes nunca foi neutral: sempre favoreceu o verdugo". Rodríguez Patiño , que pronunciou esta homilía en Xestoso (Monfero) e Cambás (Aranga), exerce tamén en Momán (Xermade) e Labrada (Guitiriz).
As asociacións Compostela por Palestina e Galiza por Palestina, xunto a outros colectivos composteláns, convocan unha acción simbólica na Praza do Obradoiro o domingo 28, ás 20 horas, para manifestar o rexeitamento á ocupación de Palestina e ao xenocidio que sofre o seu pobo. "Temos que gardar silencio cando as crianzas dormen, non cando están a matalas", subliñan os organizadores, que insisten en que "as nenas e nenos palestinos teñan a oportunidade de vivir unha infancia segura e digna". Dende a organización recomendan levar candeas.
A Fundación Castelao clausura o Ano Castelao o domingo 28 cunha cerimonia musical no Panteón de Galegas e Galegos ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. O violinista Anxo Gómez Piñeiro, acompañado pola pianista Haruna Takebe, interpretarán pezas clásicas de Bach e Beethoven, así como obras de Pablo de Sarasate e Manuel Quiroga, e mais a Foliada de Negreira, peza tradicional adorada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O acto será aberto ao público e comezará ás 12 do mediodía.
Xenocidio, palabra do ano 2025. A votación organizada pola Real Academia Galega e o Portal das Palabras da Fundación Barrié levou algo máis do 40% dos case 7.200 votos rexistrados. O segundo termo máis votado entre os finalistas foi Foliada, con case o 20%; no terceiro posto ficou lume. Máis info, hoxe en Praza.gal.
Varios concellos galegos amenceron con temperaturas baixo cero, fortes xeadas e con neve en cotas arredor dos 500 metros. Meteogalicia elevou a alerta amarela por frío na montaña e no sur da provincia de Ourense. Na foto da DGT, o alto do Fiouco a primeiras horas da mañá.
As mensaxes de WhatsApp evidencian que Feijóo nunca estivo informado "en tempo real" na xornada das riadas de València, como asegurou canda Mazón dous días despois. O ex-presidente e actual líder estatal do PP achegou á xuíza que investiga o caso as mensaxes que recibiu do ex-titular da Generalitat, Carlos Mazón, que a instrutora lle reclamou en calidade de testemuña. Está a contalo infoLibre. Na imaxe, Feijóo antes de lanzar esa afirmación ante os medios, o 31 de outubro de 2024.
🎄Este 25 de decembro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal
🤗 O venres 26 seguimos convosco, Bo Nadal!