🎄Este 25 de decembro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal
🤗 O venres 26 seguimos convosco, Bo Nadal!
🎄Este 25 de decembro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal
🤗 O venres 26 seguimos convosco, Bo Nadal!
O BOE publica o Real Decreto-Lei coa prórroga do escudo social para 2026. A ampla norma inclúe a extensión da posibilidade de que os xulgados suspendan os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade ou do bono social eléctrico, así como a suba das pensións e do Ingreso Mínimo Vital, entre outras. Entra en vigor dende mañá, pero o Goberno de España debe lograr a súa aprobación no Congreso dos Deputados ou en caso contrario, ficará derrogado. Na imaxe, a xuntanza do Consello de Ministros que aprobou este martes as medidas [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
O Goberno de España prorroga as cotas de autónomos para 2026 á espera de alcanzar un acordo para elevalas. O Ministerio de Seguridade Social non conseguiu pechar un pacto coas asociacións de empregados por conta propia.
A Audiencia de Pontevedra ratifica o arquivo da causa que investigaba o accidente do Marisquiño, acordado por un xulgado de Vigo. O tribunal rexeita os recursos de cinco afectados polo afundimento da estrutura baixo o escenario no festival vigués no verán de 2018, que pedían continuar o proceso contra técnicos do Concello e da Autoridade Portuaria. "Non se achegaron indicios que permitan atribuírlles aos investigados responsabilidade ningunha por incumprimento do deber de vixilancia da estrutura", conclúen. Na imaxe, o paseo caído, minutos despois do accidente en 2018 [© Jacobo Pérez para Praza.gal]
O Goberno de España aproba a "prórroga do escudo social" en 2026 cun Real Decreto-Lei que inclúe a extensión da moratoria dos desafiuzamentos "dos fogares vulnerables" ata o 31 de decembro do ano vindeiro ou a prohibición de cortes de subministros básicos para esta mesma poboación, na liña do pacto anunciado con EH-Bildu. O mesmo Real-Decreto Lei inclúe a revalorización das pensións e do Ingreso Mínimo Vital: un 2,7% que ascende ata o 7% no caso das mínimas e, para as de viuvez con cargas familiares, ata o 11,4%, a mesma porcentaxe na que subirá o IMV, avanza a nova ministra portavoz, Elma Saiz. Os detalles do Real Decreto-Lei coñeceranse coa súa publicación no BOE, previsiblemente este mércores, e para continuar en vigor deberá ser ratificado polo Congreso dos Deputados.
O PSdeG ratifica que abordará nun Comité Nacional Extraordinario os casos de acoso. Será o 10 de xaneiro en Santiago de Compostela, tal e como vén de trasladar o partido tras a reunión –tamén extraordinaria– da súa Comisión Executiva Nacional a través dun comunicado.
👉🏻 O PSdeG abordará os casos de acoso no seu máximo órgano entre congresos
👉🏻 Besteiro reivindica "contundencia" do PSdeG co acoso sexual fronte ás críticas polo 'caso Tomé'
O líder socialista en Estremadura, Miguel Ángel Gallardo, dimite do cargo tras o devalo do PSOE nas eleccións deste domingo, nas que perderon dez escanos e pasaron a ser a segunda forza na comunidade. Gallardo [na imaxe, CC-BY-SA PSOE Estremadura] pacta con Ferraz que será unha xestora quen se encargue do partido rexional, que convocará un congreso extraordinario.
A instrutora do caso do ex-conselleiro Alfonso Villares por presunto delito contra a liberdade sexual considera na fin da investigación que non debe ser xulgado. A Audiencia Provincial da Coruña debe confirmar ou revogar a decisión. A investigación regresou aos xulgados ferroláns a pasada primavera tras a dimisión de Villares, que por ter daquela condición de aforado só podía ser investigado no Tribunal Superior.
🎰A nós non nos toca a Lotaría...
🤗... tocounos unha comunidade de socias e socios como garante de contar o que sucede con contexto e malia ás presións
‼️Medra, pero aínda non é dabondo
🤝A neurocientífica Sonia Villapol explícache por que é boa idea seres de Praza
👉Ata o 80% da túa achega vénche de volta na declaración da renda do ano vindeiro
O PP propón no Parlamento, como adiantou Praza.gal, que Dolores Fernández Galiño continúe como Valedora do Pobo. Os populares rexistran formalmente a proposta apenas dúas semanas despois de que a Cámara declarase o cargo formalmente vacante, trámite realizado cando o mandato de Fernández Galiño levaba 16 meses rematado e, daquela, en funcións.