A Audiencia de Pontevedra ratifica o arquivo da causa que investigaba o accidente do Marisquiño, acordado por un xulgado de Vigo. O tribunal rexeita os recursos de cinco afectados polo afundimento da estrutura baixo o escenario no festival vigués no verán de 2018, que pedían continuar o proceso contra técnicos do Concello e da Autoridade Portuaria. "Non se achegaron indicios que permitan atribuírlles aos investigados responsabilidade ningunha por incumprimento do deber de vixilancia da estrutura", conclúen. Na imaxe, o paseo caído, minutos despois do accidente en 2018 [© Jacobo Pérez para Praza.gal]
- HEMEROTECA | A xustiza conclúe que o Concello de Vigo era o encargado do mantemento do paseo que afundiu no accidente do Marisquiño
- HEMEROTECA | Imputados catro técnicos do Porto e o Concello de Vigo polo accidente do Marisquiño
- HEMEROTECA | Máis de 300 persoas feridas ao afundir parte do paseo do Náutico de Vigo durante O Marisquiño