A neve caeu este domingo nunha parte significativa de Galicia. Boa parte da provincia de Ourense, a montaña lucense ou o interior de Pontevedra tinguiuse de branco nunha xornada moi fría, na que os termómetros chegaron a marcar 6 graos baixo cero en Cabeza de Manzaneda. Viana do Bolo ou Calvos de Randín tamén marcaron valores negativos. Este luns continuará o tempo frío e as precipitacións xeneralizadas, pero subirán as temperaturas e a cota de neve subirá e esta será menos frecuente.