Ampla maioría absoluta das dereitas nas eleccións de Estremadura. Con máis do 80% escrutado, o xa gobernante PP vira en primeira forza desa autonomía malia medrar apenas un escano (ata 29 neste punto do reconto) por mor do devalo do PSOE, que perde o primeiro posto ao minguar unha decena de escanos e máis de 13 puntos. A actual presidenta, María Guardiola, seguirá a depender da extrema dereita de Vox, que sobe nove puntos e media ducia de escanos (11). Pola esquerda, Unidas por Extremadura ascende catro puntos e logra 7 escanos (+3).