Cuarta xornada de folga este venres nos buses da provincia da Coruña. Os paros, convocados por CIG, UXT e CCOO, súmanse aos dos días 5, 12 e 15 e poderían virar en indefinidos en xaneiro se non hai avances na negociación para renovar o convenio provincial do sector. [Imaxe: CIG]