O BNG exixe pór fin ás peaxes da AP-9 e transferir á Galiza a infraestrutura. Durante un acto simbólico de protesta realizado na Área de San Simón e na portaxe de Vilaboa, o deputado Néstor Rego cualificou de “inxustificábel” que a sociedade galega continúe a pagar portaxes por unha infraestrutura “máis que amortizada” e cuxa concesión foi declarada ilegal pola Unión Europea.