A USC proclama definitivamente as catro candidaturas á Reitoría. Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López e Alba Nogueira. A Comisión Electoral deixara fóra da proclamación provisional a candidatura de Nogueira alegando falta de documentación e incumprimentos de requisitos, resolución que a xa candidata oficial recorreu con éxito. Os comicios celébranse o 12 de febreiro, cunha campaña electoral previa do 27 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2026. Se fose precisa, a segunda volta da votación desenvolveríase o 11 de marzo.