O Goberno de España aproba a "prórroga do escudo social" en 2026 cun Real Decreto-Lei que inclúe a extensión da moratoria dos desafiuzamentos "dos fogares vulnerables" ata o 31 de decembro do ano vindeiro ou a prohibición de cortes de subministros básicos para esta mesma poboación, na liña do pacto anunciado con EH-Bildu. O mesmo Real-Decreto Lei inclúe a revalorización das pensións e do Ingreso Mínimo Vital: un 2,7% que ascende ata o 7% no caso das mínimas e, para as de viuvez con cargas familiares, ata o 11,4%, a mesma porcentaxe na que subirá o IMV, avanza a nova ministra portavoz, Elma Saiz. Os detalles do Real Decreto-Lei coñeceranse coa súa publicación no BOE, previsiblemente este mércores, e para continuar en vigor deberá ser ratificado polo Congreso dos Deputados.
- 800 desafiuzamentos en Galicia entre a incerteza sobre a moratoria
- HEMEROTECA | O 'escudo social' reduce a pobreza infantil coas familias monoparentais como reto
- HEMEROTECA | A Xunta volve conxelar o complemento das pensións non contributivas en 18 euros ao mes
- HEMEROTECA | Os 'boomers' cobran xubilacións altísimas? O 60% dos pensionistas galegos recibe menos de 15.000 euros ao ano