EH Bildu anuncia un pacto co Goberno de España "para manter o escudo social durante 2026", nomeadamente para prorrogar a moratoria dos desafiuzamentos para persoas en situación de vulnerabilidade, o veto ao corte de subministros básicos para esta mesma poboación e a prórroga do bono social eléctrico. O gabinete de Pedro Sánchez, avanza a formación soberanista vasca, ratificará a extensión destas medidas que expiraban o 31 de decembro nun Real Decreto-Lei que aprobará "nos vindeiros días". Para seguir vixentes precisarán, non obstante, de ser ratificadas polo Congreso nunha votación na que PSOE e Sumar necesitarán lograr máis apoios, como a comezos de 2025. Na imaxe, Mertxe Aizpurua, voceira de EH Bildu no Congreso.