A Fundación Castelao clausura o Ano Castelao o domingo 28 cunha cerimonia musical no Panteón de Galegas e Galegos ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. O violinista Anxo Gómez Piñeiro, acompañado pola pianista Haruna Takebe, interpretarán pezas clásicas de Bach e Beethoven, así como obras de Pablo de Sarasate e Manuel Quiroga, e mais a Foliada de Negreira, peza tradicional adorada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O acto será aberto ao público e comezará ás 12 do mediodía.