🎄Este 1 de xaneiro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal
🤗 O venres 2 seguimos convosco, Feliz 2026!
🎄Este 1 de xaneiro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal
🤗 O venres 2 seguimos convosco, Feliz 2026!
A Xunta publica o reparto das súas axudas a empresas xornalÃsticas e de radiodifusión en 2025. Suman 1,98 millóns de euros e distribúense entre nove empresas editoras de xornais impresos, 16 de publicacións dixitais e oito propietarias de emisoras radiofónicas. As condicións mantidas pola SecretarÃa Xeral de Medios nestas convocatorias, con acceso prohibido para entidades sen ánimo de lucro, impiden que participe delas a Fundación Praza Pública, editora de Praza.gal e VINTE, con independencia do cumprimento de requisitos en materia de persoal ou uso do galego, entre outros. Preme nesta ligazón para explorares o gráfico interactivo.
José Tomé fai efectiva a súa dimisión como presidente da Deputación de Lugo coa preceptiva comunicación do cesamento ao pleno. Tras esa sesión extraordinaria, a institución lucense celebra outra ordinaria xa dirixida polo nacionalista Efrén Castro como presidente en funcións, cargo que exercerá ata que, o 14 de xaneiro, sexa elixida a nova presidencia. Na súa despedida do posto Tomé, que continúa como deputado, reiterou que as acusacións de acoso sexual responden a "unha campaña" con intencións polÃticas "supraprovinciais" na que todos os feitos que lle atribúen son "falsos". Na imaxe, inicio do pleno con Tomé xa no escano de deputado e non de presidente.
Unha comisión de festas de Carnota recada fondos en solidariedade coa da localidade leonesa de VillamanÃn, logo de que vendesen participacións de máis que impiden o cobro de catro millóns de euros do Gordo da LotarÃa de Nadal.
A Xunta volve conxelar as peaxes das autoestrada AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Vigo-Val Miñor. Tras asumir con fondos públicos a suba das peaxes prevista para 2023 e 2024 e incrementalas un 1,7% para os usuarios neste 2025, o Goberno galego volve asumir a suba en 2026.
José Ramón Lete cesa como secretario xeral para o Deporte da Xunta tras 16 anos no cargo en tres etapas distintas. O novo responsable de Deporte será Roberto GarcÃa Fernández. O Consello da Xunta tamén remudou varios altos cargos das consellerÃa de Presidencia, Medio Rural e Mar.
O crego de Xestoso dedica a súa homilÃa no DÃa dos Inocentes ao "xenocidio infantil" en Gaza. "A afirmación de que, se nacese hoxe, Xesús serÃa asasinado por ser palestino non é unha provocación teolóxica, senón unha interpelación ética. Xesús naceu pobre, nunha terra ocupada, e foi perseguido desde o berce. Lembralo sen mirar o que ocorre hoxe con outros nenos pobres e perseguidos é baleirar o Evanxeo de sentido", explica LuÃs RodrÃguez Patiño. A lembranza "da matanza dos Santos Inocentes, o episodio bÃblico no que o rei Herodes ordenou asasinar nenos indefensos por medo a perder o seu poder", evoca, "deberÃa obrigarnos a preguntarnos que vidas consideramos dignas de ser choradas e cales aceptamos como danos colaterais. O silencio ante a morte dos inocentes nunca foi neutral: sempre favoreceu o verdugo". RodrÃguez Patiño , que pronunciou esta homilÃa en Xestoso (Monfero) e Cambás (Aranga), exerce tamén en Momán (Xermade) e Labrada (Guitiriz).
As asociacións Compostela por Palestina e Galiza por Palestina, xunto a outros colectivos composteláns, convocan unha acción simbólica na Praza do Obradoiro o domingo 28, ás 20 horas, para manifestar o rexeitamento á ocupación de Palestina e ao xenocidio que sofre o seu pobo. "Temos que gardar silencio cando as crianzas dormen, non cando están a matalas", subliñan os organizadores, que insisten en que "as nenas e nenos palestinos teñan a oportunidade de vivir unha infancia segura e digna". Dende a organización recomendan levar candeas.
A Fundación Castelao clausura o Ano Castelao o domingo 28 cunha cerimonia musical no Panteón de Galegas e Galegos ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. O violinista Anxo Gómez Piñeiro, acompañado pola pianista Haruna Takebe, interpretarán pezas clásicas de Bach e Beethoven, asà como obras de Pablo de Sarasate e Manuel Quiroga, e mais a Foliada de Negreira, peza tradicional adorada por Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao. O acto será aberto ao público e comezará ás 12 do mediodÃa.
Xenocidio, palabra do ano 2025. A votación organizada pola Real Academia Galega e o Portal das Palabras da Fundación Barrié levou algo máis do 40% dos case 7.200 votos rexistrados. O segundo termo máis votado entre os finalistas foi Foliada, con case o 20%; no terceiro posto ficou lume. Máis info, hoxe en Praza.gal.