Trump asegura que Venezuela entregaralle aos EUA ata 50 millóns de barrís de petróleo, un cargamento que se achegará aos 2.800 millóns de dólares, e exixe ao goberno de Delcy Rodríguez que rompa relacións con China e Rusia.
Trump asegura que Venezuela entregaralle aos EUA ata 50 millóns de barrís de petróleo, un cargamento que se achegará aos 2.800 millóns de dólares, e exixe ao goberno de Delcy Rodríguez que rompa relacións con China e Rusia.
Nicolás Maduro declárase "inocente" de todos os cargos ante o tribunal de Nova York, asegura que foi "secuestrado" e que as acusacións polas que vai ser xulgado pretenden tapar os "plans imperialistas" do goberno dos EUA, liderado por Donald Trump. "Sigo sendo o presidente do meu país", afirma Maduro [na imaxe, nunha intervención pública o 16 de decembro © Goberno de Venezuela].
Segue en directo a reunión de emerxencia do Consello de Seguridade da ONU. Nacións Unidas convocou para este 5 de xaneiro un encontro urxente dende Nova York, para abordar a situación de Venezuela tras a interveción dos Estados Unidos de América. O secretario xeral da ONU, António Guterres, trasladou a súa preocupación pola vulneración do dereito internacional ante a agresión do goberno de Trump a Venezuela e o secuestro do seu presidente Nicolás Maduro. [📸 imaxe de arquivo do Consello de Seguridade © ONU/Loey Felipe]
O cemiterio compostelán de Boisaca acolleu senllas homenaxes a Isaac Díaz Pardo e Ramón María del Valle-Inclán, finados o 5 de xaneiro de 2012 e 1936, respectivamente. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou a "honestidade" de Díaz Pardo e o seu "compromiso coa cultura, a memoria e o país".
A Asociación AGABO e as integradas no Capítulo Galego da Internacional Antifascista convocan unha manifestación en repulsa polo ataque militar dos Estados Unidos contra Venezuela e o secuestro do presidente Nicolás Maduro e a súa dona. A marcha terá lugar o sábado 10 de xaneiro en Compostela (12 horas, saída dende a Alameda) baixo o lema Alto á agresión ianque contra Venezuela, pola paz e soberanía dos pobos. Entre os convocantes figuran BNG, Podemos, CIG e CUT.
España, Brasil, México, Colombia, Chile e Uruguai publican un comunicado conxunto no que rexeitan "as accións militares executadas unilateralmente en Venezuela", que "contraveñen principios fundamentais do dereito internacional". O documento destaca que a situación debe resolverse "con respecto á vontade do pobo venezolano" e "sen inxerencias externas". Así mesmo, os seis países manifestan a súa "preocupación ante calquera intento de control gobernamental, de administración ou apropiación externa de recursos naturais ou estratéxicos".
O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo ratificou a decisión de propoñer a deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo, en substitución de José Tomé.
Unha concentración ante o consulado de Venezuela en Vigo protestou contra o ataque militar realizado polos Estados Unidos e o secuestro do presidente Nicolás Maduro. A mobilización en solidariedade co pobo venezolano foi convocada por AGABO. Imaxe: BNG
Donald Trump publica na súa rede social Truth unha imaxe de Nicolás Maduro secuestrado e esposado.
Donald Trump ofrece unha rolda de prensa dende a súa residencia privada en Florida para dar detalles sobre o ataque militar contra Venezuela e o secuestro do presidente Nicolás Maduro e a súa dona. Podes seguir aquí a súa intervención.