Feijóo recoñece ante a xuíza que mentiu e que non foi informado por Mazón "en tempo real" dos efectos da DINA, tal e como dixera. O presidente do PP asegura que non soubo da catástrofe ata as 20 horas daquel 29 de outubro. Foto: PP.
Feijóo recoñece ante a xuíza que mentiu e que non foi informado por Mazón "en tempo real" dos efectos da DINA, tal e como dixera. O presidente do PP asegura que non soubo da catástrofe ata as 20 horas daquel 29 de outubro. Foto: PP.
Falece o actor e músico galego Siro Ouro. O ferrolán, de 24 anos, formou parte da serie La Mesías ou de filmes como Somos Reyes. A compañía teatral La Tristura e seu pai e tamén actor, Dani Ouro, anunciaron o seu falecemento. Foto: La Tristura.
Sánchez e Junqueras alcanzan un acordo de financiamento para Catalunya: 4.700 millóns máis. O presidente de ERC avanza o pacto logo da reunión bilateral na Moncloa e aclara que non hai ningún acordo sobre recadación fiscal nin sobre os orzamentos. Foto: Paula Roque / ERC.
O Instituto galego de análise e documentación internacional (IGADI) emite este mércores 7 de xaneiro un programa especial como peche do Ano Castelao, coincidindo co 76º cabodano do intelectual, artista e político de Rianxo. A emisión realizarase en directo a partir das 18.45 horas a través do canal do IGADI TV en conexión con Bos Aires.
Ademais, a entidade vén de compartir unha publicación especial, 2025, Ano Castelao, Río da Prata quilómetro Cero, que reúne as entrevistas, análises e artigos elaborados polo Observatorio das Diásporas no último ano.
Catro estradas afectadas por xeo e neve en Galicia, todas na provincia de Ourense. O uso obrigado de cadeas ou a restrición temporal de velocidade dáse na A-52 que une a capital provincial con Zamora e noutras vías en Manzaneda, Casaio, Covelo e A Veiga. Foto: DGT.
Trump asegura que Venezuela entregaralle aos EUA ata 50 millóns de barrís de petróleo, un cargamento que se achegará aos 2.800 millóns de dólares, e exixe ao goberno de Delcy Rodríguez que rompa relacións con China e Rusia.
Nicolás Maduro declárase "inocente" de todos os cargos ante o tribunal de Nova York, asegura que foi "secuestrado" e que as acusacións polas que vai ser xulgado pretenden tapar os "plans imperialistas" do goberno dos EUA, liderado por Donald Trump. "Sigo sendo o presidente do meu país", afirma Maduro [na imaxe, nunha intervención pública o 16 de decembro © Goberno de Venezuela].
Segue en directo a reunión de emerxencia do Consello de Seguridade da ONU. Nacións Unidas convocou para este 5 de xaneiro un encontro urxente dende Nova York, para abordar a situación de Venezuela tras a interveción dos Estados Unidos de América. O secretario xeral da ONU, António Guterres, trasladou a súa preocupación pola vulneración do dereito internacional ante a agresión do goberno de Trump a Venezuela e o secuestro do seu presidente Nicolás Maduro. [📸 imaxe de arquivo do Consello de Seguridade © ONU/Loey Felipe]
O cemiterio compostelán de Boisaca acolleu senllas homenaxes a Isaac Díaz Pardo e Ramón María del Valle-Inclán, finados o 5 de xaneiro de 2012 e 1936, respectivamente. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou a "honestidade" de Díaz Pardo e o seu "compromiso coa cultura, a memoria e o país".
A Asociación AGABO e as integradas no Capítulo Galego da Internacional Antifascista convocan unha manifestación en repulsa polo ataque militar dos Estados Unidos contra Venezuela e o secuestro do presidente Nicolás Maduro e a súa dona. A marcha terá lugar o sábado 10 de xaneiro en Compostela (12 horas, saída dende a Alameda) baixo o lema Alto á agresión ianque contra Venezuela, pola paz e soberanía dos pobos. Entre os convocantes figuran BNG, Podemos, CIG e CUT.