Hoxe entra en vigor o novo permiso de paternidade de 8 semanas. O mantemento desta medida no tempo está condicionado á súa convalidación no Congreso dos Deputados, xa que foi aprobada pola vía do real decreto-lei.
Fálase
O filme italiano Nimble Fingers gañou o premio ao mellor documental na 14ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Será proxectado este domingo no Teatro Principal de Compostela, xunto con Hora Silenciosa, premio á Mellor Película Galega
Esta madrugada cambia a hora e ás 2 serán as 3, entrando así no horario de verán, amencendo e anoitecendo unha hora máis tarde. Esta semana o Parlamento europeo aprobou adiar ata o 2021 a decisión sobre o fuso horario, aínda que países como Portugal xa anunciaron que manterán o cambio estacional, seguindo as recomendacións dos expertos
O Celta remonta ante o Villarreal e gaña 3-2 un partido que comezara dous goles abaixo. Iago Aspas regresou ao equipo e marcou dous dos goles. Os celestes sitúanse a un punto da permanencia
En Común Unidas Podemos presentou este sábado en Compostela as súas candidaturas ao Congreso e ao Senado, encabezadas por Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ledicia Piñeiro e Vanesa Somoza
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou este sábado que se incorporará ao Parlamento galego despois das eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.
Netflix inclúe no seu catálogo dende este venres O sabor das margaridas, a primeira produción en galego na plataforma. Estreada hai uns meses na TVG, obtivo o premio á Mellor Serie na última edición dos Mestre Mateo
O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) recibiu este venres o XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que quixo destacar nesta edición o impulso que está a experimentar a agricultura ecolóxica en Galicia. "Non é necesario marchar de camareiro a Londres, hai moito futuro na produción ecolóxica", dicíanos nesta entrevista Francisco López Valladares, presidente de Craega.
O pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres instar o Parlamento a declarar e instituír como Día da Galicia Mártir o día 17 de agosto (data do asasinato de Alexandre Bóveda) "en memoria e homenaxe de todos os cidadáns galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e do pobo galego"
A Cámara dos Comúns volve tombar o plan do Brexit. O Reino Unido ten ata o 12 de abril para formular un novo pacto ou marchar ese mesmo día sen acordo. Esta información de Andrés Gil debulla os posibles escenarios. (Imaxe: Servizo de Prensa da Cámara dos Comúns).