O Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) recibiu este venres o XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que quixo destacar nesta edición o impulso que está a experimentar a agricultura ecolóxica en Galicia. "Non é necesario marchar de camareiro a Londres, hai moito futuro na produción ecolóxica", dicíanos nesta entrevista Francisco López Valladares, presidente de Craega.
Fálase
O pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres instar o Parlamento a declarar e instituír como Día da Galicia Mártir o día 17 de agosto (data do asasinato de Alexandre Bóveda) "en memoria e homenaxe de todos os cidadáns galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e do pobo galego"
A Cámara dos Comúns volve tombar o plan do Brexit. O Reino Unido ten ata o 12 de abril para formular un novo pacto ou marchar ese mesmo día sen acordo. Esta información de Andrés Gil debulla os posibles escenarios. (Imaxe: Servizo de Prensa da Cámara dos Comúns).
A débeda da Xunta pechou 2018 en 11.341,78 millóns de euros. Son 131 millóns de euros máis que no remate de 2017, pero 88 menos que no cuadrimestre anterior. O endebedamento da Administración galega supón agora o 18,1% do PIB do país, catro décimas menos que un ano antes. Na última década a débeda da Xunta medrou en 7.387 millóns de euros e o seu peso aumentou tamén nos Orzamentos do Goberno galego.
A nova proxección de escanos para as eleccións europeas que difunde a Eurocámara mantén o PSOE en cabeza con 19 escanos, seguido do PP con 13 e Podemos, con 10. A coalición na que participa o BNG lograría tres escanos, segundo este inquérito.
ENCE asegura que a incerteza sobre a súa continuidade en Pontevedra a leva a desviar investimentos a Navia, onde negocia con Adif e o Principado a anulación da obra coa que logrou pagar menos impostos á Xunta.
Destituída a tenente de alcaldía do PP de Baiona por ir nas listas do partido de extrema dereita Vox ás eleccións xerais. "Non se pode estar en dous equipos á vez", subliña o alcalde, Ángel Rodal, sobre María Iglesias. Na fotografía, do Concello de Baiona, Iglesias e Rodal nunha imaxe de arquivo.
Volve o lume ao Barbanza. Dende a pasada noite un incendio queima os montes de Mosquete, en Boiro. Atinxe a unhas 20 hectáreas, segundo Medio Rural. Acontece despois de que o incendio de Dodro e Rianxo ficase extinguido.
Ana Peleteiro: "Vas polo mundo e todos falan o seu idioma; se eu teño o meu idioma, por que vou cambiar o meu idioma, o meu acento, as miñas raíces?". A ribeirense, campioa de Europa de triplo salto explicou deste xeito na TVG a súa defensa do uso normal da lingua galega: "Galicia e o galego son as miñas raíces".
A Xunta aproba a súa oferta de emprego público de 2019. Inclúe 1.543 prazas de acceso libre, 227 de promoción interna e 847 de funcionarización de persoal laboral fixo. A convocatoria de ofertas de emprego de anos anteriores acumulou un importante atraso.