A neve caerá este domingo en Galicia por riba dos 800 metros, especialmente na montaña de Lugo. A neve caída na última semana permitiu abrir as pistas de esquí de Manzaneda. Este sábado a temperatura mínima deuse na Veiga (Ourense), con -3,6 graos
Fálase
300 vehículos participaron este sábado en Burela nunha caravana reivindicativa contra a supresión da área sanitaria da Mariña.
Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez foron homenaxeados este sábado en Mondoñedo, 80 anos despois do seu asasinato pola súa militancia na CNT e na USG
Preséntase a mostra fotográfica O Vigo que [NON] sorrí, unha vintena de retratos de persoas residentes en varios barrios da cidade que buscan "visibilizar a exclusión social na que malviven milleiros de vigueses e viguesas". A iniciativa conta co apoio de varios colectivos sociais e responde a unha exposición patrocinada polo Concello que amosaba cidadáns sorrintes.
Nunha longa intervención ante o Consello Cidadán Estatal de Podemos Pablo Iglesias asume erros cometidos en Vistalegre 2 e Cataluña e apela ás orixes de Podemos e ao discurso de radicalidade social co que naceu a formación en 2014. Beiras advirte de que a "esquerda emerxente" pode acabar en "mal porto" se Podemos atende á "demoscopia"
Zaragoza acolle esta fin de semana o II Encontro Estatal para organizar a Folga Feminista do vindeiro 8 de marzo
A Xunta Electoral abre un expediente a ABC trala denuncia do PP pola entrevista a Arrimadas publicada na xornada de reflexión das eleccións catalás. A multa que o xornal debería pagar estará entre os 100 e os 1000 euros.
A gripe provocou 16 vítimas mortais en Galicia na última semana, 26 dende o inicio da tempada destas enfermidade. Só a metada estaban vacinadas. O 11 de xaneiro había "406 pacientes ingresados con gripe confirmada" en hospitais de Galicia, informa a Xunta
54 países africanos piden a Trump que se retracte das súas palabras sobre Haiti, El Salvador e algunhas nacións de África, dos que dixo nunha xuntanza que eran "países de merda", apostando por recibir inmigración "de países como Noruega"
Todos os grupos do pleno de Pontevedra agás o PP censuran que Rajoy defendese o militar golpista Salvador Moreno ao cuestionar que se retirase o seu nome a unha rúa da cidade. O voceiro popular, Jacobo Moreira, reduciu o comentario a un "chascarrillo". "Dejemos de hacer el parvo", reclamou durante o debate da moción, formulada polo BNG. Crónica de Pontevedra Viva