A débeda da Xunta foi de 10.624 millóns no 3º trimestre, 103 millóns menos que no anterior e 249 máis que hai un ano. O endebedamento é agora o 18,7% do PIB galego, 3 décimas menos que hai tres meses. Consulta aquí a súa evolución
Fálase
O ex-presidente portugués Mário Soares permanece en estado crítico nun hospital de Lisboa, segundo informa Público. En 2012 Soares analizou nunha entrevista con Praza.gal a situación política e económica de Europa.
A frota galega ve "desastroso" o recorte da cota de xurelo no novo reparto aprobado pola UE
O ministro de Fomento tenta frear as críticas do PP de Ourense recibindo o alcalde da cidade. De la Serna asegura agora que o seu departamento si está disposto a construír a variante do AVE no treito de Taboadela, que a Xunta presentou en 2011 como esencial.
Nacen os Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual galego e internacional. Impúlsaos a Academia Galega do Audiovisual, contan con catro categorías e nacen co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra e mais do concello coruñés.
A coprodución galega Psiconautas, nomeada aos Goya como mellor filme de animación e María (y los demás), da produtora coruñesa Frida Films, opta a dous galardóns. Nos nomeamentos inclúese tamén un tema interpretado por Uxía como mellor canción orixinal polo filme Frágil equilibrio. Asdemais, o ferrolán Javier Gutiérrez foi nomeado a mellor actor de reparto por El Olivo.
Lores ve unha "moción de censura encuberta" nas emendas da oposición aos orzamentos de Pontevedra para 2017. As modificacións denuncia o BNG, "impiden gobernar e buscan torpedear o modelo de cidade". PP, PSOE, Marea de Pontevedra e Ciudadanos, sacaron adiante o ditame orzamentario en comisión e envíano ao pleno. "Non é o orzamento que nós presentamos", afirma o alcalde.
Falece Isidro Silveira, presidente do Racing de Ferrol, destacado empresario e ex-futbolista do Celta de Vigo. O club departamental vén de confirmar o seu falecemento, como conta Ferrol360.
Gonzalo Navaza, profesor da facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, defende nun traballo publicado na Revista Galega de Filoloxía que o nome de A Coruña ten unha orixe literaria, aparecendo primeiro como topónimo na Historia Turpini, o libro IV do Codex Calixtinus. O primeiro documento no que se refire á actual cidade data de 1208, cando Crunia comeza a substituír os antigos nomes de Faro e Brigantium
A proposta de cotas pesqueiras para 2017 presentada pola UE prevé unha redución das capturas de pescada (-20%) e xurel (-45%), e fortes descensos igualmente en meiga e peixe-sapo, especies de principal interese para a frota galega. A Xunta ve "lamentable" a proposta e "confía en mellorala"