A Oficina de Dereitos Sociais de Coia entrega esta mañá no rexistro da Xunta, en Compostela, un conxunto de recursos colectivos despois de que a administración galega non admitira a trámite da petición dunha renda básica hai unhas semanas.
Fálase
Navantia compite con outras 12 ofertas polo flotel de Pemex. A decisión adíase até o 4 de outubro
Vítimas de Billy El Niño e dos outros tres torturadores franquistas describen como eran os seus interrogatorios: “Gozaba torturando. Al mallar en ti, tiña un xesto de pracer”
Eldiario.es entrevista o xurista especialista en dereito internacional Joan Garcés, que analiza as repercusións xudiciais da orde de detención internacional ditada por unha xuíza arxentina contra catro torturadores franquistas. Garcés afirma que "España está obrigada a extraditar ou xulgar" os torturadores.
O xuíz Ruz ve delito na destrución dos discos duros polo PP e envía o caso ao xulgado ordinario.
José Moisés Martín Carretero, de Economistas Frente a la Crisis, analiza o caso de Panrico, ou "como o capital risco acabou cunha empresa que funciona", despois de coñecerse que a compañía suspendeu o pagamento das nóminas aos seus catro mil traballadores.
Esperanza Aguirre pide “catalanizar” España e avoga por unha reforma constitucional para resolver o encaixe de Catalunya: "iso acabaría cos 17 estadillos do café para todos". Aguirre tamén manifestou que entende "perfectamente" o "malestar dos cataláns cando outras comunidades copian as súas institucións e queren o mismo que Catalunya. Así non se recoñece a especificidade".
Cuac FM celebra este sábado unha asemblea aberta para deseñar a programación da nova tempada de emisións, que comezarán o 30 de setembro. Todas as persoas ou colectivos interesados en realizar un programa na radio comunitaria poderán facer as súas propostas no Centro Universitario de Riazor (C.U.R.) a partir das 10.30 horas.
Fondos voitre súmanse a Oetker no seu interese por Pescanova, segundo publica Economia Digital. Entre outros, destacan os nomes de fondos como Fidelity ou Centerbrigde
#consellodaxunta Feijóo asegura que cando sinalou que a campaña de incendios estaba a ser "excepcional" se estaba a referir ao "traballo das brigadas".