A suma de contas fake en Twitter permitiulle a Rajoy ter máis seguidores que o resto de líderes estatais en apenas unha semana, tal e como constata Tuitocracia
Fálase
A espectacular suba de seguidores de Mariano Rajoy en Twitter en poucos días provoca a hilaridade das redes sociais ao comprobarse que boa parte deles son contas fake, que se adquiren mediante compra. Rajoy gañou uns 100.000 followers en apenas unha semana e moitos deles son contas escritas en árabe. O voceiro de FACUA explícao no seu blog en Público.es
O número inscritos para a manifestación da Diada, a un paso de superar os da Via Catalana do ano pasado. Xa hai máis de 400.000 e agárdase outra manifestación multitudinaria.
A Fiscalía avala que o TSXG investigue a peza do caso Pokémon vinculada a Paula Prado, ex voceira do PP e deputada autonómica. Recólleo Faro de Vigo
Israel prohíbelle entrar en Gaza á delegación de europarlamentarios da Esquerda Unitaria Europea, formada por representantes de Podemos, IU e EH Bildu. A xornalista de El Diario Olga Rodríguez está a cubrir a visita.
Feijóo resta importancia a que Almunia confirme o levantamento do veto á construción civil en Navantia porque o comisario "está en funcións". Recólleo La Voz
Pachi Vázquez reta a Baltar a ser candidato á alcaldía de Ourense. O ex líder do PSdeG non desvela polo momento se el optará á candidatura. Recólleo El País
Rosell nega que exista unha rebaixa salarial en España. O presidente da patronal asegura que os salarios subirán un 0,6% este ano.
A plataforma Galiza con Catalunya recolle sinaturas a prol do proceso soberanista catalán.
O BCE baixa o prezo do diñeiro a un novo mínimo histórico do 0,05%.